jueves, 20 de julio de 2017

Veleno

O solpor da tarde non vai cambiar os sucesos que se aproximan. Unha tépeda néboa cubrira toda a cidade durante o día para abrir pouco antes de agocharse o Sol. Como se a beleza do momento fose compensar todo o anterior e, incluso, todo o posterior. Coma se as cores  fosen evitar que a xente sentise odio. Como se así acabase o sufrimento. Como se eses minutos, xusto ese instante, fose máxico.

Os lamentos persisten aínda tralos últimos minutos rosados. A vida sigue. Persistente. Por pouco tempo. Voces mudas ceiban berros de ultratumba. Non hai rastro da néboa e, aínda así, tronos soan ben preto.

Xulgar o clima non vai facer que amaine a tempestade. Existe igual, incesante. Abanea tólodos meus ósos, racha un par deles. A dor é veleno e a ponzoña enchoupa o meu interior, totalmente corrompido, ata destruírme por dentro.

Irónico. 7 am. Sae o sol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario