lunes, 2 de enero de 2017

Como cando petan na porta pola noite.

É como cando petan na porta pola noite e non sabes se ir a abrir. A escuridade que te cerca e da que non te decataras comeza a pesar sobre ti. Sintes as sombras abanicar na penumbra que crean as fendas da maldita porta que queren abrir. O medo irracional apodérase de ti e non sabes se achegarte a espreitar á persoa descoñecida ou ficar queda ata que cesen os golpes. Agólpanse nos teus pensamentos imaxes de coitelos e carapuchas negras que oprimen a túa visión. Na túa face pódese albiscar a indecisión. Os ollos abertos e espectantes, intentando discernir algo na ausencia de luz, móvense rapidamente. De súpeto, coma facendo un aceno de burla coa man, decátaste da diversión oculta do momento e acendes a luz. As sombras cobran forma e vida, sabes que son, sabes de quen son. Érgueste e metes os pes nunhas zapatillas grises e abrigosas. Camiñas ata a porta e, xusto antes de achegar a ela a túa man, unha última idea pasa pola túa mente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario