Baten as augas do meu corazón no medio dunha tempestade salgada.
Na cúspide da única rocha que atopas no meu órgano,
unha serea abanica coa sua fermosa cola.
Un sonriso na súa face.
Ondas castañas ó vento e sen deixarse amilanar pola miña bravura,
chisca o ollo cando o meu ollar se dirixe a ela.
Aproxímome seguindo a liña do horizonte ata pousar os meus pés ó seu carón.
Sento ó seu lado.
Sinto a súa respiración.
O seu ollar desviado e o seu soriso de lado.
Está ansiosa. Ansiosa porque comece o solsticio que deixan os meus beizos na súa pel,
mentres baixo e acuño o meu nome no medio e medio das súas cadeiras.
Préstanse ben a que me explalle, a que bique aquí e máis acolá, a que desfrute da boa feitura.
Entre bico e bico, a serea deixa esquecido un suspiro nas mareas que nos gardan e cae nunha fenda profunda que leva a un abismo.
As miñas mans buscan a tentas na escuridade e atopan as túas. Os meus ollos, esquecidos na gruta húmida da túa lingua, non enfocan ben.
No medio dun inverno xeado, cae primavera e atópame espida de galanos e armaduras.
Porque estou a ti suxeita, espida e quieta. Espectante. Mentres deslizas os teus pequenos dedos pola miña barriga erizándome a pel e mentras eu me pregunto:
Que haberá tras esos ollos que atravesan a miña alma e me susurran que berre na escuridade?
Contra a parede non sei que cara poñer, por iso viro o meu corpo para poder fixar os meus ollos nas túas pupilas cando as túas mans abandonan o meu embigo e chegan ao cumio do meu placer.
Parece mentira que todo isto suceda na tempestade do meu corazón, que as túas mans estean nos meus peitos e que a serea queira durmir comigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario