Saltan chispas cos teus dedos contra a miña pel.
Saltan chispas cos teus ollos contra os meus.
Saltan chispas coa miña face debuxada cun pincel.
Saltan chispas e prenden lume.
Fogata e festa. Paixón e tenrura.
Día e noite. Noite e fume.
Abáfome na calor das cinzas,
último atardecer, o sol pecha o día
último bico de despedida e non miramos cara atrás
como iamos mirar cara atrás se seguimos diante?
Diante?
O lado, sempre o lado.
Amor cando menos,
amizade cando máis.
O lado. Diante. Preto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario