miércoles, 17 de mayo de 2017

Teño medo da miña voz.

Teño medo da miña voz,
teño medo de que poida saír ao mundo e ti a escoites.
Teño medo que a recoñezas no medio dunha multitude,
case coma se saíse dun altofanante.
Teño medo dela,
de min. 
Teño medo de que as súas ondas cheguen
ata onde quero estar eu: ao teu caron,
na beira da túa cama. 
Teño medo de que acariñen
a túa pel
e che fagan perder o sentido,
xusto como querería facer eu. 

Teño medo de ti,
do que podes facer en min,
do que podes facer comigo.
Teño medo de ti porque a min xa me coñezo,
xa sei que son insignificante,
nada importante.
E aínda así, teño medo de min,
do que poida facer en ti,
do que poida facer contigo. 

Se teño medo de min,
 sendo a quen mellor coñezo
 (a única que coñezo)
como non vou ter medo de ti? 
Que non sei o que pensas cando escoitas a miña voz no aire. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario